TERRA... PRAZA DA VILA e da IGREXA

Nos laterais da Igrexa Parroquial de LALíN, ubicamos a Praza da Vila e a Praza da Igrexa.
Aquí atoparemos fontes para beber e outras para adornar e refrescar o recinto, zonas de sombra con árbores e bancos para sentarse, zona de parque infantil con diversos aparellos para o disfrute dos máis pequenos e unha zona con palco de música permanente empregado para actos musicais ou de ocio. Tamén son varios os monumentos/estatuas que nos podemos atopar repartidos por todo o recinto e con diversos temas, como pode ser a homenaxe ao Labrador, a nai, a Ramón María Aller (astrónomo), Xosé Cuíña (político), Vidal Payo (escultor),... Estas esculturas as podemos ver en detalle no apartado PATRIMONIO CULTURAL.
Os acesos a todas estas zonas están habilitados para persoas con movilidade reducida mediante rampas, aínda que tamén existen escaleiras de diversos tamaños que aproveitan os afeccionados máis pequenos as bicicletas e monopatíns para iniciarse nos deportes de "risco".

Destacaremos destas prazas que en días de bo tempo son moitos os pais que se achegan polas tardes cos seus nenos para disfrutar dun entorno que en ocasións se queda pequeno coa cantidade de xente que escolle esta zona céntrica en lugar de outras prazas/parques algo máis alonxados



.