
1870 - 1955
Lugar de Nacemento: Carbia, Vila de Cruces (Pontevedra)
Información:
Emigrado a Arxentina cando só tiña 14 anos, con 19 ingresa nos talleres dos ferrocarrís arxentinos, onde comeza a súa formación autodidacta e a inquedanza pola construcción dun vehículo propio, feito que levou a cabo entre os anos 1903 e 1907.
Faleceu no ano 1955 sen ser consciente da trancendencia da súa obra, xa que anos despois o goberno da provincia de Bos Aires (Arxentina) declarou a Manuel Iglesias como o creador do 1º Automóbil arxentino e á cidade de Campana, lugar onde vivía, como "Cuna" do 1º Automóbil arxentino.
Datos técnicos do 1º Automóbil arxentino

O que hoxe sería dificil de concibir, realizouno D. Manuel Iglesias con moi poucas ferramentas e moita paciencia e entusiasmo; tódolos engranaxes do "cigüeñal", da leva, do diferencial, da caixa de cambios con marcha adiante e retroceso, foron tallados a man.
O carburador, do mesmo modo, foi caseiro e a ignición, que nun principio das probas foi de chisqueiro, utilizou posteriormente 4 pilas de 1,5 voltios cada unha.
Información obtida en Concello de Vila de Cruces